← Volver atrás

Miláns del Boch Carrió, Joaquín-León

Perfil histórico: Sen participación directa

Datos persoais

Situación: Axustizado

Nacemento:

Barcelona
- 06/06/1854 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 31/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 82 anos. Veterano da Terceira Guerra Carlista e de Filipinas, onde coincidiu co despois ditador Miguel Primo de Rivera Orbaneja. En 1918 era capitán xeral de Cataluña e por presións de Alfonso XIII, dimitiu en 1920. Como recompensa, nomeárono xefe da Casa Militar da Casa Real. Primo de Rivera nomeouno gobernador civil de Barcelona de 1924 a 1929, levando a cabo unha intensa campaña contra os cataláns. Despois da caída da ditadura, os republicanos destituírono.

Axustizado.

Logo da sublevación militar de xullo de 1936 non quixo abandonar Madrid.

O día 30/08/1936 arrestárono os milicianos e fusilárono ao día seguinte, sen ningún tipo de xuízo, nas tapias do Cemiterio do Este, en Madrid.

Avó de Jaime Miláns del Bosch, quen era capitán xeneral da II Rexión Militar en Valencia, no intre no que participou no intento de golpe de Estado do día 23/02/1981.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha