Nacemento:
Morte:
Labrego, sindicalista e político, 70 anos. Casado con Antonia Santamarina; tiñan unha filla: Carmen. Veciños da 3ª travesía da rúa Travesa, 7, en Betanzos.
Foi director de El Pueblo.
Dirixente labrego desde 1900, considerárono o “Pablo Iglesias brigantino”. Concelleiro en 1909, procesárono por opoñerse nun pleno á Guerra de Marrocos. Era presidente da Agrupación Socialista (AS) de Betanzos cando se reorganizou esta en xullo de 1931 e que axudara a fundar en 1917. Concelleiro na primeira corporación republicana de Betanzos de 1931. Participou na creación de sindicatos afíns á UXT, fundou a Cooperativa Socialista e presidiu a Federación Labrega de Betanzos moitos anos. Candidato do PSOE pola Coruña nas eleccións xerais de 1933; non o elixiron.
Apoderado da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936.
Concelleiro de Betanzos en 1936, tamén polo PSOE, 2º tenente de alcalde, cando se produce o golpe de Estado sedicioso.
Tiña como compañeiros da Corporación de Betanzos de 1936, entre outras persoas, a: José-María Novo Rodríguez (alcalde en 1932), executado; Ramón Beade Méndez, encarcerado; Ricardo Bonome Seoane, fuxido; Tomás López da Torre, executado.
Paseado.
Prendérono os fascistas despois do golpe militar.
Morte rexistrada a causa dunha hemorraxia interna intra-torácica.
O seu cadáver apareceu na Ponte de San Paio, no quilómetro 2 da estrada Betanzos-Ferrol.
Os fascistas prenderon a: Camilo Naveira Ferreño, CNT; Bernardo Miño Abelenda, PSOE; Antonio Lagares Gómez, PSOE e capataz de arbitrios; Manuel Fernández Pérez, o Chacho, PCE, e Francisco Moreno Vilariño, PSOE. Leváronos á Coruña e notificáronlles que non había cargos contra deles.
Devoltos ao cuartel da Garda Civil de Betanzos para seren postos en “liberdade”; ás 02:00 h leváronos á caseta de San Paio, na estrada de Betanzos-Ferrol, e fusiláronos. Francisco Moreno Vilariño, ao que deran por morto, sobreviviu á masacre.
Na acta de defunción figura como varón de 70 anos e residencia na 3ª travesía da rúa Travesa, 7; morto en San Paio ás 03:00 h por mor dunha hemorraxia interna intracranial.
Soterrárono no cemiterio de Betanzos.
Por mor destes asasinatos abriuse unha causa no Xulgado de Betanzos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.