← Volver atrás

Moles Ormella, Juan

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Barrio de Gracia, Barcelona
- 25/06/1871 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 10/01/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 65 anos. Casou con Luisa Marquina Angulo; tiveron tres fillos e unha filla: Luis, Juan, María e Manuel. Licenciado en Dereito pola Universidade de Barcelona en 1895. Foi decano do Colexio de Avogados de Barcdlona.

Tenente de alcalde de Barcelona en 1901. Deputado en 1907, 1910, 1918 e 1919. Senador en 1913. Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja apoio á oposición desde o seu despacho de avogado.

Na II República ocupou cargos no "Bienio progresista" e nos gobernos da Fronte Popular (FP). Gobernador civil de Barcelona en 1932/1933 e alto comisario de España en Marrocos en 1933/1934.

Foi director do xornal republicano de Barcelona La Publicidad.

Militou en Unión Republicana (UR), no Centro Nacionalista Republicano (CNR) e na Unión Federal Nacionalista Republicana.

Despois das eleccións de 1936, nomeárono gobernador xeral de Cataluña e presidente interino da Generalitat do día 17/02/1936 ao día 04/03/1936, cando ocupou o cargo Lluís Companys Jover (Tarrós, Lleida).

Cando no mes de maio Santiago Casares Quiroga acadou a presidencia do Goberno, adxudicoulle a carteira de Gobernación, posto que ocupou do 13 de maio ao 18 de xullo de 1936. Algúns autores acúsano das súas eivas para atallar a conspiración militar.

Exiliado.

Permaneceu na zona republicana durante a Guerra Civil Española pero sen ocupar ningún posto de importancia na política.

Ao remate da guerra exiliouse en Francia e, en abril de 1942, pasou a México, onde finou en 1945 (algunhas fontes sinalan que o seu pasamento foi en 1943).

No ano 1940 xulgárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Procesárono por responsabilidades políticas en Barcelona e indultárono no ano 1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha