← Volver atrás

Montero Montero, Gumersindo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

As Somozas
(A Coruña)
- 01/01/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Sofía
(Bulgaria)

Biografía

Peón e político, 40 anos. Solteiro. Veciño da rúa Estrada de Circunvalación, 103 soto, na Coruña. De moi novo estivo emigrado en Cuba, de onde o expulsaron e volveu a Galicia no 1930.

En 1931 era presidente do Sindicato de Camareiros Terrestres La Herculina, vencellado á CNT, ademais era delegado na Federación Local Obreira (FLO) da Coruña en representación do Sindicato de Peóns. Presentouse as eleccións en 1933 por Xuventude Republicana (XR) en Caldas de Reis (Pontevedra) co seu compañeiro de partido Manuel Escariz Bugallo. Dirixente do PCE e no ano 1935 era secretario do Radio Comunista de Vigo (Pontevedra). Participou na campaña pro Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Colaborador de Mundo Obrero.

Exiliado.

Gumersindo figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.

Tamén figura, con outros, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados, que se sepa en este Departamento, pueden citarse los siguientes, huidos o desaparecidos de esta localidad, cuyo paradero se desconoce”.

Dirixente do PCE. Ten que fuxir e ocultouse nos montes de San Martiño de Meirás, Sada, cos sindicalistas Antonio Carballeira Muñiz, Manuel Prego Chas, Juan-Antonio Suárez Picallo e José Mosquera Rey.

Mantívose agochado na zona de Meirás máis de vinte anos e logo puido marchar a Bulgaria.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha