← Volver atrás

Mosquera Martínez, Evaristo-Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Pontevedra
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 01/01/1996 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre, funcionario e político, 27 anos. Solteiro. Veciño de Pontevedra. Estudou Maxisterio. Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja fixo oposicións en Madrid ao Ministerio de Facenda, aprobou e prestou servizos nas delegacións de Vigo (Pontevedra) e Pontevedra. Secretario do Comité de Cooperación Intelectual.

Participou na redacción da revista Cristal. Durante a II República colaborou con varios xornais: El Progreso, El Pueblo Gallego e El País.

Incorporouse e foi dirixente do Partido Galeguista (PG) en Pontevedra.

Encarcerado.

Prendérono os golpistas no transcurso do golpe de Estado.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), onde pasou catro anos interno e fixo un plante, con outros reclusos, negándose confesar cos cregos da cadea.

Unha vez que o puxeron en liberdade trasladouse a Madrid e arrestárono por motivos políticos.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Madrid co resultado de sentenza a oito anos de cadea.

Reducíronlle a pena a cinco anos, que cumpriu en Carabanchel (Madrid), Ocaña (Toledo) e no campo de traballo de Fuencarral (Madrid).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha