← Volver atrás

Muñoz Manzano, Carmen

Alcume: Beatriz Galindo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

Malpartida de Plasencia
(Cáceres)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 13/04/2002 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestra e escritora, 30 anos. Casada en 1934 con Rafael-Francisco-Antonio-Olegario Dieste Gonçalves. Veciños de Madrid. Estudou Maxisterio en Salamanca e en Madrid. En 1933 opositou e obtivo praza de inspectora de Primeira Ensinanza e destinárona a Lugo en 1934. Participou nas Misións Pedagóxicas e, cando traballaba en Valencia de Alcántara (Cáceres), coñeceu a Rafael Dieste. Regresou co seu home a Rianxo (A Coruña) en setembro de 1935 e despois instaláronse en Madrid, onde os sorprende a guerra civil.

Exiliada.

A sublevación militar colleuna traballando nas Misións Pedagóxicas co seu home, nun programa cultural patrocinado pola II República. Acompañaron ao Goberno republicano na súa retirada cara Valencia e Barcelona.

Despois da caída de Barcelona en 1939 exiliáronse en Francia e estiveron no campo de concentración de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).

Nese mesmo ano 1939 puxeron rumbo a Montevideo (Uruguai) e pasaron 20 anos exiliados entre Bos Aires (República Arxentina), México e Inglaterra.

No ano 1961 volveron a Rianxo (A Coruña) e a mediados dos sesenta instaláronse na Coruña. Carmen reingresou na inspección educativa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha