Nacemento:
Morte:
Mestre, xornalista, tradutor, político e sindicalista, 44 anos.
Nun principio militou no PSOE e pronto ingresou na anarquista CNT, defendendo o seu ingreso na Internacional Socialista en 1919. En 1920 sufriu un atentado por parte dos Sindicatos Libres, que case que lle costa a vida.
Permaneceu un tempo en Rusia, onde traballou como secretario de León Trotski Bronstein; cando os trotskistas se enfrontaron a Iosif Stalin tivo que abandonar Rusia en 1930.
En 1931 sería peza clave na formación de Esquerda Comunista de España (ECE), un grupo político demasiado pequeno, grupo trotskista oposto a Stalin.
Proclamada a II República, participou nos sucesos de outubro de 1934 en Cataluña.
Por mor de diferenzas de criterios rompeu con Trotski en 1935 e fundou o Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM), onde foi membro do seu Comité Executivo e, en 1936, secretario xeral.
Axustizado.
Ao comezar a Guerra Civil converteuse no máximo dirixente do POUM e o partido comezou a ter unha maior presenza. Anticlerical, chegou a manifestar “la clase obrera ha resuelto el problema de la Iglesia sencillamente, no dejando en pie ni una siquiera”.
O día 26/09/1936 nomeárono conselleiro de Xustiza da Generalitat, posto no que o discutiron por non tomar medidas contra as execucións extraxudiciais; tivo enfrontamentos co Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC) cando tentou, sen éxito, que se lle concedera o asilo a León Trotski. O día 16/12/1936 afastárono do Goberno.
Na primavera de 1937 a policía republicana atopou unha suposta carta de Nin a Francisco Franco Bahamonde, na que parecía apoiar un plan de sublevación da “Quinta Columna” en Madrid. A carta, que era unha falsificación, serviu de proba da acusación na súa contra. A campaña stalinista contra o POUM intensificouse, acusando aos dirixentes de fascistas e de conspirar a favor de Franco. A falsificación redactouna o enviado soviético a España, Alexandr Orlov, quen fixo o posible por acabar coa dirección do partido de Nin.
O día 16/06/1937 as autoridades republicanas clausuraron as sedes do POUM e prenderon á súa cúpula. A Nin separárono do resto dos líderes e, desde entón, non se volveu saber del. Semella que o trasladaron de Barcelona a Madrid e logo a Alcalá de Henares (Madrid), onde se atopaba a base dos soviéticos en España; interrogárono e torturárono.
Segundo Paul Preston, posiblemente a Nin asasinárono o día 22/06/1937 e sacáronlle os ollos por orde de Orlov. Existen poucas dúbidas sobre que a orde de matalo veu de Moscova.
Outras fontes implican ao comunista Palmiro Togliatti na súa desaparición.
Houbo unha campaña “¿Dónde esta Nin?”, pero os republicanos que non lle tiñan aprecio, non querían molestar aos rusos, que os apoiaban na guerra civil; todo se deixou no esquecemento.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.