Nacemento:
Morte:
Profesor, avogado, xornalista e intelectual, 38 anos. Casou no ano 1923 con Otilia Valladares Fernández, filla do cónsul de Brasil en Vilagarcía de Arousa. Veciños de Vigo (Pontevedra). Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). No ano 1923 dirixía o Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Docente no Colexio Labor en Vigo. No ano 1935 deixa a ensinanza e marcha a Vigo para exercer como avogado.
Membro do Seminario de Estudos Galegos (SEG).
Colaborador de Nós, Galicia e El Pueblo Gallego.
Militante do Partido Galeguista (PG), presidente do grupo galeguista en Vigo (Pontevedra) e secretario de propaganda. No ano 1936 era concelleiro de Pontevedra e vicepresidente da Deputación Provincial desa provincia.
Encarcerado. Exiliado.
Cando se produce o golpe militar detivérono os franquistas.
Ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) ao comezo da guerra civil, onde permaneceu dous meses.
Consegue fuxir a Portugal, de onde pasa a Bos Aires (República Arxentina) no mes de outubro de 1936 no Monte Sarmiento. En Bos Aires desenvolveuse como xornalista, fundou a revista Galicia Libre e colaborou coa tamén revista Galicia Emigrante.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.