Nacemento:
Morte:
Militar, 26 anos. Veciño de Cangas. Mariño da Armada, auxiliar segundo naval. No ano 1919 xa traballaba como aprendiz de albanel co seu pai. Tenta ser mariño da Armada aos 15 anos, non pasando as probas físicas de ingreso ata agosto de 1925. Da a volta ao mundo en seis ocasións no buque escola Juan Sebastián Elcano, entre 1927 e 1934. En xuño de 1934 fai o curso de Cabo 1º da Armada, que supera o día 15/01/1935, co número 2 da súa promoción.
Exiliado.
En xullo do ano 1936 era tripulante do buque de investigacións científicas Ártabro, que aportara en Cartagena (Murcia) cando se produce o golpe militar.
Axudante persoal de Luis-Felipe González de Ubieta González del Campillo, xefe da flota republicana, habilitado como oficial 2º. Despois González de Ubieta foi xefe da Base Naval de Mahón.
O día 09/02/1939 sae de Mahón no Devonshire cara Marsella (Francia); trasladárono a Le Barcarès (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) ata o inicio da II Guerra Mundial, cando pasou a Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia). En novembro de 1939 alistouse na 117ª Compañía de Traballadores Españois e destinárono á fronteira belga para construír fortificacións defensivas.
Puido escapar a Inglaterra desde Dunkerque con varios compañeiros nunha barca de remos, desde onde co paso do tempo o enviaron a Casabranca (Marrocos) para traballar no Transajariano.
O día 08/09/1940 regresa a España, pasou polas oficinas clasificadoras e declarárono “indiferente”; enviárono a Cangas e remataron por sobreser o seu proceso, quedou en liberdade. Pasou por varios buques pesqueiros como patrón de pesca.
Procesárono no ano 1940 no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
En 1995 as autoridades recoñecéronlle o grao de capitán de corveta.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.