← Volver atrás

Otero Fernández, Alejandro-José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado durante dous meses en Granada por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934

Nacemento:

Redondela
(Pontevedra)
- 14/12/1888 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

México
(México)
- 26/06/1953 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico xinecólogo e catedrático, 47 anos. Veciño de Granada de 1914 a 1936. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre 1903 e 1910 e especializouse en Xinecoloxía. Profesor universitario e catedrático de Obstetricia e Xinecoloxía da Universidade de Granada desde 1913, na que ocupou o cargo de reitor de 1932 a 1933

Militante da UXT. Concelleiro de Granada no ano 1931 e deputado nacional pola provincia de Pontevedra, dentro das filas do PSOE en 1931 e por Granada en 1933. Compromisario en abril de 1936, polo PSOE de Granada, para a elección do presidente da República Manuel Azaña Díaz.

Encarcerado durante dous meses en Granada por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Depurado. Exiliado.

Durante a guerra civil, no ano 1937, desenvolveu o cargo de subsecretario de Armamento e Municións do Goberno republicano, no que traballou desde París.

Vicepresidente da Comisión Executiva do PSOE no ano 1938.

Depurado polos fascistas coa separación definitiva do servizo. Xulgárono ademais en rebeldía por espionaxe e condenárono co embargo dos seus bens, 15 anos de expatriación, separación da cátedra, inhabilitación profesional e un millóns de pesetas de indemnización .

Ao remate da guerra civil exiliouse en Francia, onde solicitou emigrar a México, país ao que chegou en marzo de 1940 e onde exerceu a medicina no Hospital Español; tamén participou na administración de varias empresas.

Procesárono por responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha