Nacemento:
Morte:
Mariñeiro e político, 50 anos. Veciño de Castelo.
Militante do PSOE. Concelleiro da Pobra do Caramiñal en 1931 e 1932 polo PSOE. Era concelleiro e depositario dos fondos municipais da Pobra do Caramiñal no ano 1936, tamén polo PSOE e dentro da coalición da Fronte Popular (FP) cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación da Pobra do Caramiñal de 1936, entre outras persoas, a: Antonio Pérez Gómez (o alcalde), fuxido; Manuel Hermo Vidal, encarcerado.
Fuxido. Encarcerado.
Foxe na primavera de 1937 na traiñeira a motor Nueva Marujita desde A Pobra do Caramiñal ata Casabranca (Marrocos).
Nesta fuga estiveron implicados os seguintes veciños da Pobra do Caramiñal (A Coruña): Gabriel Bazarra Fernández; Ventura Bazarra Fernández; Juan Chouza Mendoza, mariñeiro; Juan Guillán Millán, mariñeiro; Tomás Hermo González, carpinteiro; Manuel Ouviña Fernández, mariñeiro; Ramón Pardavila Noceda, mariñeiro; Antonio Romero Hermo, patrón de pesca, e Ángel Santos Fernández.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión (fuxida da Nueva Marujita) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Detivérono os rebeldes en 1939 e condenárono a cadea perpetua.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.