Nacemento:
Morte:
Mineiro e ferreiro, 28 anos. Casado. Veciños de San Cibrao de Vieiro, Viveiro. Irmán de Manuel-José Parapar Díaz, encarcerado.
Militante da UXT e vogal da directiva do Ramo da Construción.
Fuxido. Encarcerado.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo por tenencia de explosivos, na causa 1336/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 18/01/1937.
No mesmo xuízo condenaron á pena de cadea perpetua a Antonio Vázquez Fernández.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 353/37, co resultado de sentenza de absolución.
Neste proceso acádanse as seguintes sentenzas: 20 anos de prisión para Vicente Sierra Salgueiro; a 15 anos condenaron a Jesús Iglesias Vázquez; condenas de 12 anos para: Luis Albo García, Mariano Pérez Prieto, Pedro Rego Rodríguez, Plácido Rivera Cociña e Daniel Rodríguez Rodríguez; sentenzas de absolución para: Antonio Alfonso González e Francisco-Celestino Parapar Díaz; declararon fuxidos a: Manuel Lamelas Fernández, Claudio Quelle Cociña e Manuel Rodríguez Lago.
Prendérono e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 11/05/1939.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza de sobresemento provisorio.
Puxérono en liberdade o día 16/12/1939.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.