Nacemento:
Morte:
Tiña 16 anos. Fillo de Celsa Argüeso Pardo, asasinada polos fascistas o 01/03/1948 en Bergondo. Irmán de Andrés-Antonio Pardo Argüeso que morreu no intento de fuga da prisión de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 06/06/1938.
Morte en enfrontamento.
A Manuel ferírono no intercambio de tiros na taberna de Domingo Bermúdez, no lugar da Igrexa de Oroso, o día 08/01/1948, despois de disparar e matar ao brigada de Artillería Juan Raña Martínez. Manuel faleceu unhas horas despois do tiroteo e o seu corpo abandonárono os seus compañeiros no monte Puzos, preto de Oroso.
Segundo o informe da Garda Civil, o corpo atopado pertencía a un home duns 25 a 30 anos de pelo castaño, ollos verde azuis claro, nariz pequena e unha talla de 1,70 m; vestía con xersei de punto cor granate, camisa a raias azuis, camisola de punto, pantalón de pano gris e calcetíns negros novos e calzón curto, de complexión forte. Xunto co cadáver a Garda Civil entregou ao xuíz instrutor unha pistola marca Llama, do nove mm curto, número 44359, un cargador, tres cartuchos e varias vainas, unha gabardina, boina negra e dous cartuchos do nove longo.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Oroso, sen identificar. Días despois o xulgado militar comunicou que o cadáver se identificara como o de Manuel Pardo.
En represalia pola morte do militar Juan Raña, o día 01/03/1948, os franquistas asasinaron en Bergondo a Celsa Argüeso Pardo, a nai de Manuel.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.