← Volver atrás

Argüeso Pardo, Celsa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executada

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)

Morte:

Bergondo
(A Coruña)
- 01/03/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casada con Manuel Pardo Fernández; tiñan unha filla e catro fillos: Maruja, Andrés, Manuel, Ramón e Antonio. Veciños das Eiras, 3, Bergondo (A Coruña). Era a nai de Andrés-Antonio Pardo Argüeso, morto no intento de fuga da prisión do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) do día 22/05/1938 e de Manuel Pardo Argüeso, Trelles, morto en enfrontamento. Irmá de Manuel Argüeso Pardo, asasinado en Ferrol (A Coruña) o día 27/08/1936.

Executada.

A Manuel Pardo Argüeso, Trelles, ferírono no intercambio de disparos na taberna de Domingo Bermúdez, no lugar da Igrexa, Oroso (A Coruña), o día 08/01/1948 e despois de disparar e matar ao brigada de Artillería Juan Raña Martínez. Manuel faleceu unhas horas despois do tiroteo e o seu corpo abandonárono os seus compañeiros no monte Puzos, preto de Oroso.

En represalia pola morte do militar Juan Raña o día 01/03/1948 asasinaron en Bergondo a Celsa Argüeso Pardo, nai de Manuel, un grupo de gardas.

Morte rexistrada por feridas de arma de fogo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha