← Volver atrás

Pardo de Neyra, Paulino-Carlos-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado

Nacemento:

Baralla
(Lugo)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 27/11/1990 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político, 38 anos. Casado con Marina Soto Viña; tiveron dúas fillas e dous fillos: María del Carmen, Alfonso, Esther e José. Veciños de Palas de Rei (Lugo). Xefe de Administración Civil e funcionario de Telégrafos en Palas de Rei.

No ano 1917 foi un dos organizadores e membro das Irmandades da Fala en Baralla.

Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja desenvolveu a xefatura local de Unión Patriótica (UP) en Palas de Rei.

Sancionado.

Cando se produce a sublevación militar encerrouse con varias persoas armadas na casa do Concello de Palas de Rei.

Prendérono os golpistas e condenárono, sen xuízo, á pena e morte. Pola intercesión dun familiar anuláronlle tal castigo.

Sancionado co desterro en Leganés (Madrid) e multa de 5000 pesetas.

Reingresou no Corpo de Prisións nos anos corenta; no ano 1950 destinárono á prisión de Santiago de Compostela, da que foi xefe de administración en 1952 e director en 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha