Nacemento:
Morte:
Empregado e militar, 30 anos. Casado e con fillos. Veciños do Campo da Leña, 30-4º, na Coruña. Empregado de comercio.
Membro das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) e de Esquerda Republicana (ER).
Socio do Casino Republicano coruñés.
Encarcerado. Executado.
Tras do estoupido da guerra civil alistouse voluntario para combater e, ao pouco, mandaba un batallón da 31ª Brigada Mixta republicana; despois do fracaso da ofensiva sobre Segovia acadou o mando da dita brigada. En maio de 1938 creouse a 200ª Brigada Mixta da que recibiu o mando co grao de comandante. En xaneiro de 1939 liderou un ataque errado na Fronte do Centro, que apoiaba a ofensiva sobre Estremadura; todo foi un tremendo fracaso.
No decurso do golpe de Estado do coronel Segismundo Casado López, prendérono e encadeárono os casadistas.
Ao remate da guerra capturárono os franquistas, xulgárono con outros militares republicanos en Madrid e condenárono á pena de morte, no coñecido como “Expediente de la Junta de Casado”.
Fusilárono os golpistas nas tapias do Cemiterio do Este, en Madrid.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.