Nacemento:
Morte:
Traballo na casa e política, 26 anos. Casada con Higinio Carracedo Ruzo, o Sereno, asasinado polos falanxistas; tiñan un fillo e unha filla: Higinio (7 anos) e Margarita (4 anos). Veciños de Santo André de Somoza, A Estrada.
Encarcerada.
Cando se produce o alzamento militar agochou ao seu home ata que un grupo de falanxistas veu buscalo, plantáronlle lume á casa o que o obrigou a saír do forno no que se agochaba. Higinio tentou fuxir e Isaura ía recargándolle a escopeta, consegue escapar nun primeiro momento e deixou feridos a dous falanxistas. Alcanzárono nun regato, preto da súa casa, onde o asasinaron.
Na acción na que deron morte a Higinio o día 28/11/1938, detiveron aos seus pais, Antonio Carracedo Sanmartín e Manuela Ruzo López, as súas irmás Celia Carracedo Ruzo (20 anos) e Berta Carracedo Ruzo (16 anos). Tamén detiveron ao empregado municipal, José Camino Chao, do Partido Galeguista (PG), a quen acusaron de subministrarlle alimentos e xornais. A Isaura tamén a prenderon e acusárona de ir recargando a arma do seu home mentres se producía o seu intento de fuxida. Detiveron tamén a varios veciños e amizades.
Xulgada en consello de guerra en Pontevedra polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.
Cando saíu do cárcere instalouse en Poio (Pontevedra), adicándose ao estraperlo, polo que a arrestaron no ano 1948 e permaneceu na cadea outros sete meses.
Despois emigrou a Venezuela.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.