Nacemento:
Morte:
Policía e político, 27 anos. Casado con Isaura Pazos Campos; tiñan dos fillos: Higinio e Margarita. Veciños da Somoza. Irmán de Berta Carracedo Ruzo, procesada, e de Celia Carracedo Ruzo, encarcerada. Garda municipal no Concello da Estrada.
Despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 castigárono a un ano, catro meses e un día de cadea por cortes nos fíos de telégrafos e telefonía que incomunicaron A Estrada; en decembro de 1934 trasladárono ao penal de El Dueso, Santoña (Cantabria).
Despois do triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936 indultárono.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Cando se produce o golpe de Estado liderou a resistencia local e nomeárono responsable do Comité Popular Antifascista da Estrada. Logo tivo que fuxir ao monte e perseguírono durante máis de dous anos.
Para prendelo organizouse unha batida con 26 falanxistas e cinco gardas civís o día 28/11/1938. Nun primeiro momento prenderon na casa de Antonio Carracedo Sanmartín, pai de Higinio, aos fuxidos Manuel Coto Chan e a José Silva Rey, que despois de seren torturados, confesaron que Higinio se agochaba na casa do pai, nun tobo, aínda que non sabían onde.
A cuadrilla de batida volveu á casa familiar da Somoza, tampouco o atoparon, polo que decidiron poñerlle lume á casa. Higinio tivo que saír do forno onde se agochaba disparando coa súa pistola, tratando de centrar a atención dos represores para evitar que feriran á súa familia. Saíu da casa ferindo a dous falanxistas, entre eles o xefe local Felipe Castro Valladares.
Os falanxistas alcanzárono moi preto da casa, xunto dun regato, ferido; alí mesmo o remataron.
Nesta acción detiveron aos seus pais, Antonio e a Manuela Ruzo López, ás súas irmás Celia Carracedo Ruzo (20 anos) e Berta Carracedo Ruzo (16 anos). Tamén detiveron ao empregado municipal, José Camino Chao, do Partido Galeguista (PG), a quen acusaron de subministrarlle alimentos e xornais, e a algunhas veciñas. Á súa dona, Isaura, tamén a arrestaron e acusárona de ir recargando a arma do seu home mentres se producía o seu intento de fuxida.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.