← Volver atrás

Castro Valladares, Felipe

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

San Lourenzo de Sabucedo, A Estrada
(Pontevedra)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Político, 36 anos.

Represor.

Xefe das milicias falanxistas no ano 1938 e, despois, xefe local de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) da Estrada. Deputado provincial de Pontevedra no ano 1938 e alcalde da Estrada, nomeado o día 01/02/1940.

Participou no operativo para prender ao fuxido Higinio Carracedo Ruzo, para o que se organizou unha batida con 26 falanxistas e cinco gardas civís o día 28/11/1938. Nun primeiro momento prenderon na casa de Antonio Carracedo Sanmartín, pai de Higinio, aos fuxidos Manuel Coto Chan e José Silva Rey, que despois de seren torturados, confesaron que Higinio se agochaba na casa do seu pai, aínda que non sabían onde.

A cuadrilla da batida volveu á casa familiar da Somoza, A Estrada, e tampouco o atoparon, polo que decidiron poñerlle lume á casa. Higinio tivo que saír do forno onde se agochaba disparando coa súa pistola, tratando de centrar a atención dos represores para evitar que feriran á súa familia. Saíu da casa ferindo a dous falanxistas, entre eles ao xefe local Felipe Castro Valladares.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha