← Volver atrás

Pazos Cid, Alfonso

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Ourense
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cidade de México
(México)
- 08/03/1978 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 37 anos. Casado con María del Pilar Bande Rodríguez; tiveron dous fillos: Alfonso e Sergio. Avó de Sergio Pazos Huete. Veciños de Ourense.

Presidente de Xuventude Republicana en Ourense no ano 1928 e no 1931. Militante do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS). Deputado nacional pola provincia de Ourense nas eleccións a Cortes Constituíntes do ano 1931 pola Federación Republicana Galega (FRG). Novamente elixido deputado no ano 1936 por Unión Republicana (UR).

Fuxido. Exiliado.

Cando se produce o alzamento dos militares rebeldes formou parte do Comité de Defensa da República en Ourense, ás ordes do gobernador civil Gonzalo Martín March. Fuxiu e agochouse ata pasar a Portugal e, logo, a Francia na compañía de Francisco Dopazo Rodríguez.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ourense polo delito de rebeldía, na causa 598/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Despois estivo en Madrid e, ao remate da guerra civil, en Valencia, de onde volveu pasar a Francia.

Finalmente exiliouse en México; embarcou no vapor Ipanema e chegou a Veracruz o día 02/07/1939.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha