← Volver atrás

Peñamaría Álvarez, Armando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Fonsagrada
(Lugo)
- 01/01/1870 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Fonsagrada
- 01/02/1955 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 66 anos. Casado en 1921 na Fonsagrada con María Pasarín Neira. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Traballou como médico titular e forense na Fonsagrada ata a proclamación da II República.

Home de confianza de Manuel Portela Valladares, dirixiu o xornal O Tío Pepe e presidiu o Sindicato Labrego da Fonsagrada nos anos vinte. Próximo ao Partido Republicano Progresista (PRP), o día 30/12/1931 nomeárono gobernador civil a Murcia. Portela Valladares designouno gobernador civil de Pontevedra o día 21/12/1935, na substitución de Diego Fernández Gómez. Deputado centrista por Lugo nas eleccións de febreiro de 1936.

Encarcerado.

Despois do golpe dos militares rebeldes prendérono sen mediar procesamento e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 22/09/1936. Encarcerado no Castelo de San Felipe, en Ferrol, salvou a vida por mor da intervención do capitán penal, un antigo compañeiro de estudos.

Puxérono en liberdade o día 27/06/1938.

No ano 1939 procesárono por coacción electoral.

Procesárono en Lugo por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha