← Volver atrás

Pereira Fernández, Donilda

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

San Breixo de Refoxos, Cortegada
(Ourense)
- 13/08/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 40 anos. Casou en Refoxos no ano 1919 co industrial e político Celso Pérez Enríquez, Celso de Poulo; tiveron tres fillos e tres fillas: Arturo, Amparo, Antonio, Carmen, Celsa e Juan-Bautista; unha nena, a maior, morrera ao pouco de nacer. Veciños de Cerdal, San Pedro de Poulo, Gomesende (Ourense). Ao pouco de casar o matrimonio marchou a Porto Rico, pronto volveron pola delicada saúde de Donilda e, co tempo, montaron unha tenda dun pouco de todo en Poulo, El Recreo Obrero.

O seu home, na II República, simpatizou coa Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e, despois, co Partido Galeguista (PG). Coa vitoria da Fronte Popular (FP) o gobernador civil de Ourense nomeouno alcalde de Gomesende e deputado provincial. Celso tamén foi delegado de transportes e de actividades pecuarias da Deputación ourensá.

Vítima colateral.

Despois do levantamento militar Celso rematou detido, enviado ao cárcere e paseado no Alto do Furriolo, San Martiño de Berredo, A Bola (Ourense) o día 19/08/1836.

Donilda quedaba viúva, con seis fillos de entre 15 e 3 anos e o negocio arruinado; afundiuse na desesperación.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha