Nacemento:
Morte:
Comerciante e político, 51 anos. Casou no ano 1919 en Refoxos, Cortegada (Ourense) con Donilda Pereira Fernández; tiveron tres fillos e tres fillas: Arturo, Amparo, Antonio, Carmen, Celsa e Juan-Bautista; unha nena, a maior, morrera ao pouco de nacer; os fillos contaban entre os 15 e os 3 anos cando o pasearon o seu pai. Veciños de Cerdal.
No ano 1902 emigrou a Porto Rico e volveu a Galicia no ano 1918 e coñeceu á que sería a súa dona; despois de casar volveron a Porto Rico, pero a saúde de Donilda fixo que volveran pronto. Instalaron a tenda El Recreo Obrero en Gomesende; tiñan de case todo e moita clientela.
Tivo enfrontamentos co cura Eladio Garza, quen obrigaba a todos os veciños a traballar para el a cambio de indulxencias divinas; ao remate o párroco tivo que marchar no ano 1935 por mor da deserción de fregueses.
Prestou o seu apoio á Sociedade Labrega de Gomesende.
Durante a II República simpatizou coa Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e, despois, co Partido Galeguista (PG). Pola súa casa pasaron recoñecidos políticos. Coa vitoria da Fronte Popular (FP) o gobernador civil de Ourense nomeouno alcalde de Gomesende e, despois, sería deputado provincial polos distritos de Celanova e Bande, cando militaba xa en Esquerda Republicana (ER).
Paseado.
Despois do levantamento militar arrestárono diante da súa casa de Poulo o día 23/07/1936 e conduciuno á Prisión Provincial de Ourense a Garda de Asalto; de alí pasou á cadea do convento de San Rosendo, en Celanova (Ourense). A tenda da súa propedade desvalixárona.
Nesta acción asaltaron a súa casa e leváronlle as pertenzas de máis valor coa escusa de que se buscaban armas; as cousas de valor desapareceron neste e sucesivos asaltos.
Na noite do 18 ao 19 de agosto de 1936 fascistas das Brigadas Falanxistas do Amencer sacárono da cadea de San Rosendo, metérono nunha furgoneta e asasinárono.
Morte rexistrada por ferida de arma de fogo no Alto do Furriolo, na estrada Celanova-Xinzo de Limia, e soterrado nunha fosa común. Paseárono co mestre Eduardo Villot Canal.
Co tempo trasladárono ao cemiterio de San Mamede de Sorga, A Bola. No ano 1981 os seus restos depositounos a súa familia no cemiterio de San Pedro de Poulo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.