← Volver atrás

Villot Canal, Eduardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Paseado

Nacemento:

Ourense
(Ourense)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Alto do Forriolo, San Martiño de Berredo
(Ourense)
- 18/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 28 anos. Veciño de Ourense. Mestre nacional en Ourense, traballou como profesor de Xeografía no Colexio Sueiro.

Militante do PCE e dirixente das Xuventudes Comunistas, vogal de Xuventude Republicana en Ourense, que se constituíra en febreiro de 1931.

Colaborou con El Soviet e Espartaco.

Detido no ano 1933 con Manuel Gómez del Valle, acusados de rebelión e absoltos en marzo dese mesmo ano. En abril de 1933 exerceu de secretario de axitación e propaganda do Comité Local de Loita contra a Guerra.

Negociou con outros políticos para formar a coalición da Fronte Popular (FP).

Depurado. Paseado.

Cando se produce o golpe dos militares rebeldes destituírono como mestre a primeiros de agosto.

Prendido polos facciosos e asasinado no Alto do Forriolo, na estrada entre Celanova e Xinzo de Limia.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de San Mamede de Sorga, A Bola.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha