← Volver atrás

Pereira Nouche, Gumersindo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Nemenzo de Arriba, Santa Cristina de Nemenzo, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 25/04/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empresario e político, 44 anos. Casou con María-Luisa Ruiz Carreras; tiveron dous fillos e dúas fillas: Luis, Gumersindo, María-Esther e Berta. Veciños da rúa San Andrés, 94-3º, na Coruña. Emigrou a Cuba e volveu a primeiros dos anos vinte; fixou a súa residencia na Coruña. Desenvolveuse como empresario cinematográfico na Empresa Pereira e xestionou o Cine Rosalía de Castro, o Salón Doré, o Salón Victoria, o Ideal Cinema e o Cine Monelos; tamén era o dono do Gran Café-Bar Central na rúa Castelar, 23 da Coruña. Foi empresario do Cine Rialto do Burgo, Culleredo, do Salón Troche de Ordes e do Cine Capitol de Santa Cruz, Oleiros.

Membro e directivo, nalgunha ocasión, das Irmandades da Fala na capital herculina.

Pertenceu á loxa masónica coruñesa Pensamiento y Acción nº 11.

Socio do Casino Republicano coruñés e do Centro de Estudos Sociais Germinal. Membro da xunta directiva do coro coruñés Cántigas da Terra. Formou tamén na Liga Española dos Dereitos do Home.

Afiliado a Esquerda Republicana (ER) na Coruña de Santiago Casares Quiroga e Manuel Azaña Díaz.

Fuxido.

Gumersindo figura, entre outras persoas, nun informe da Dirección Xeral de Policía no que se manifesta: “Entre los elementos afectos al Frente Popular que no han sido detenidos por considerárseles personas de orden dentro de su ideología, pero que pudieran tal vez cooperar a la alteración del orden público, figuran los siguientes”. Non o prenderon os franquistas por consideralo unha persoa de orde dentro da súa ideoloxía.

Procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo en outubro de 1938, expediente que se pechou en marzo de 1957.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha