← Volver atrás

Pereira Solla, Bernarda

Alcume: a Belela
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada. Exiliada

Nacemento:

Campolongo, Salcedo
(Pontevedra)
- 04/05/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 19/03/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestra, 43 anos. Casada con Alfonso-Dámaso Rodrigo Méndez, de 41 anos, a quen pasearon o día 05/09/1936, guindárono ao mar e o seu corpo nunca apareceu; tiñan un filla: Bernarda, de 12 anos. Mestres nacionais de San Xenxo de Padriñán, Sanxenxo (Pontevedra); el na nº 1 de nenos e ela na nº 2 de nenas. Bernarda e o seu home tamén tiñan unha cantina na súa localidade.

Depurada. Exiliada.

Cando se produce o golpe rebelde, nai e filla refuxiáronse na casa familiar de Salcedo e despois trasladáronse a Vigo.

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo o día 01/09/1936. Separada do servizo e dada de baixa na escala de mestres o día 11/05/1940. Sobrevive dando clases particulares e rexentando unha residencia para estudantes en Pontevedra coa súa irmá Carmen, que tiña cinco fillos. Tamén se viu na obriga de adicarse ao estraperlo e á destilación clandestina do anís.

Co tempo nai e filla trasladáronse a Vigo (Pontevedra) e remataron por exiliarse en Venezuela, onde permaneceron ata o ano 1967, cando regresaron a Vigo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha