← Volver atrás

Pereiro Agruño, Atanasio-Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 26 anos. Veciño da Coruña.

Vogal en 1934 do Sindicato de Carga e Descarga da Federación Local Obreira (FLO) da Coruña. Tesoureiro da Sección de Empaque e Descarga do Sindicado da Industria Pesqueira (SIP) coruñesa en abril de 1935.

Fuxido.

Foxe nos vapores Rita Esperanza e Lourdes, que escaparon a Francia desde Cariño (A Coruña).

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión (fuxida do Rita Esperanza e Lourdes) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Desta fuga declararon fuxidos e en rebeldía a: Andrés Aneiros Sardiña, militar; José-Manuel Castro Cartelle, mariñeiro; Bernardo Cores Soto; Alfredo Costas Álvarez; Pedro Díaz Porto; Fernando García Aguiar, ferreiro; Santiago García Cándido, mariñeiro; José Maroño Riveira, mariñeiro; Jesús Mejuto Iglesias, mariñeiro; Braulio Méndez Fernández, mariñeiro; José-María Otero Mariño, mariñeiro; Atanasio-Manuel Pereiro Agruño, mariñeiro; José Pérez Agrelo; José Pérez Merelas; José-Francisco Sánchez Triñanes e Isolino Sieira Lobeira, mariñeiro.

Procesaron co resultado de sentenza de absolución e puxeron en liberdade a: José Álvarez Pena, mariñeiro; Manuel Area de los Santos, mecánico naval; Eduardo Fernández Andrade, mariñeiro; Manuel García Cambados, fogueiro; Francisco Martínez García, mariñeiro; Marcelino Soto Ares, mariñeiro; Manuel Vidal Aguete, fogueiro; Manuel Vidal Maneiro, mariñeiro, e Manuel Villaverde Cousillas, patrón de cabotaxe.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha