Nacemento:
Morte:
Labrego, 21 anos. Solteiro. Veciño de Navia e Suarna (Lugo).
Encarcerado. Morte en enfrontamento.
No decorrer da guerra civil loitou no 29º Batallón Asturias do exército republicano e resultou ferido en xullo de 1937.
Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 22/02/1938.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de adhesión á rebelión, na causa 1132/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Proceso seguido contra varios veciños de Cervantes e Navia de Suarna.
A sentenza condenou a cadea perpetua a: Hilario González Quiroga, Bernardino López Arias e Armando Pérez Arias; condenaron a prisión temporal a Valentín López Méndez. O auto foi absolutorio para: Amable Fernández Méndez e Manuel Fernández Méndez, e declarou fuxidos a: Teodoro Fernández Arias, Manuel García Alonso, Francisco González Arias, Teolindo González Arias, Segundo Martínez González, Manuel Pérez Arias e José-Ramón Pérez González. Tamén procesaron a: José López Lombardía, Manuel Pérez López e Antonio Trabado Brañas.
Trasladado á prisión de Toledo o día 11/01/1942.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.
Con posterioridade ingresou na Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de León na causa 257/43.
Produto dunha delación ao seu grupo cercárono forzas conxuntas da Garda Civil, do Terzo e da Policía Armada en Cantejeira. No enfrontamento morreron Hilario González Quiroga, Gerardo Lamas Cerezales; Sinforiano Alba Abella, o Tato, e Armando Pérez Arias. Tamén morreu o policía Faustino Pardo Hernández.
Da redada só puido fuxir con vida o guerrilleiro Pedro Lamas Cerezales.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.