← Volver atrás

Pérez Garre, Joaquín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido
- 11/09/1985 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político. Solteiro. Veciño de San Vicente de Vilaboa, Valdoviño (A Coruña). Mestre nacional de Vilaboa.

Concelleiro de Valdoviño no ano 1936 por Esquerda Republicana (ER), na coalición da Fronte Popular (FP); desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado de xullo.

Tiña como compañeiros na Corporación de Valdoviño de 1936, entre outras persoas, a: Frutos Burgos Ramos (alcalde), exiliado; Reinaldo Sarria Delgado, asasinado; José Ambrós Gordillo, asasinado; José López González, procesado; Albino Dopico Gutiérrez, asasinado; José-Antonio Dopico Rodríguez, sancionado; Ramón Naveiras Soto, sancionado.

Desaparecido. Depurado.

Logo de desaparecer, semella que fuxiu e chegou a Cartagena (Murcia).

No ano 1940 os franquistas sepárano do servizo e dérono de baixa na escala de mestres.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha