← Volver atrás

Pérez Guerra, Ernesto-Román-Laureano

Alcume: Ernesto Guerra da Cal
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 19/12/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lisboa
(Portugal)
- 28/07/1994 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor, filólogo e escritor, 24 anos. Casou en 1936 coa filóloga Margarita Ucelay Maortua (Madrid), exiliada; tiveron un fillo: Enric. Veciños de Madrid, onde a súa nai era mestra e á que se trasladaran despois do pasamento do seu pai. Comezou estudando Arquitectura, que abandonou e, logo, Filosofía e Letras en Madrid. O seu irmán maior Fernando adicouse á poesía.

Cando era estudante participou nas revoltas contra a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja, feitos polos que rematou na cadea en varias ocasións.

Amigo de Federico García Lorca desde 1931, co que colaborou como tradutor da súa obra ao galego.

Militante galeguista.

Exiliado.

Durante a guerra civil combate cos republicanos no 4º Batallón de Milicias Populares Galegas, logo integrado na 1ª Brigada, 11ª División do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro.

No remate da contenda atópase en Nova York (Estados Unidos), nunha misión do Goberno republicano e alí permanecerá exiliado coa súa dona; divorciáronse no ano 1966.

Desenvolveuse como catedrático de portugués na Universidade de Nova York e nacionalizouse estadounidense en 1945.

No ano 1977 xubilouse e pasou a residir en Estoril (Portugal), onde publicou varios libros.

Finou en Lisboa e alí soterrárono.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha