← Volver atrás

Pérez Prego, Maximiliano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Pontevedra
- 01/01/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 31/01/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, procurador, xornalista e político, 53 anos. Casou en 1907 con Agripina Poza Cobas. Veciños de Pontevedra.

O día 01/12/1932 funda o xornal republicano El País, no que exerceu de director. No ano 1932 fundara o xornal El País, que logo dirixiu.

No ano 1930 era vogal do Centro Republicano en Pontevedra. No 1931 militaba na Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Presidente de Acción Republicana (AR) en 1933. Dirixente de Esquerda Republicana (ER) en Pontevedra. Nomeárono presidente da Deputación Provincial de Pontevedra o día 26/03/1936. Compromisario en abril de 1936 para a elección do presidente da República Manuel Azaña Díaz.

Encarcerado. Morte na cadea.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra pero suspéndense as actuacións xa que enferma no cárcere e morre despois do seu ingreso no Hospital Provincial de Pontevedra.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas e multárono con 1000 pesetas en 1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha