← Volver atrás

Pérez Souto, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
(A Coruña)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Bombeiro e chofer, 36 anos. Casado. Veciño da San Pedro de Visma, na Coruña. Condutor de bombeiros do servizo de incendios do Concello da Coruña.

Depurado. Encarcerado.

Destituírono os franquistas na aplicación do Decreto 108 de 13/09/1936 na Comisión Permanente do 14/01/1937. Na acta de dita Comisión Permanente figura erroneamente como Luis Pérez Souto. Razóns da destitución: «Anarco-sindicalista, en días anteriores y posteriores al Movimiento, construyó Parque de Bomberos tubos para hacer bombas».

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 1391/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

No sinalado procedemento xulgaron, entre outras persoas, e condenaron a cadea perpetua a: Andrés Blanco Castro, Jesús Pérez Souto e Vicente Rico Ulloa.

Ingresado na prisión do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 13/06/1937.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Trasladado á Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) o 22/10/1939, na que permanecía cando publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 268 do día 25/09/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha