Nacemento:
Morte:
Militar, 35 anos. Veciño de Ferrol. Mariño da Armada desde 1920, 2º maquinista naval xa en 1933 no transporte lixeiro Contramaestre Casado co grao de alférez.
Executado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polos delitos de rebelión, sedición e “inutilización” (sucesos que ocorreron no Contramaestre Casado cando a tripulación se sumou á tripulación do acoirazado España para facer fronte aos rebeldes) co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono os golpistas na Punta do Martelo do Arsenal, en Ferrol.
O día 30 de agosto fusilaron os seguintes mariños do Contramaestre Casado: José Vázquez Montero, José Leira Piñeiro, Manuel Álvarez Porto, Nicolás Noche Pérez, Julio Catalá Jaso, Enrique Gámez Criado e Juan Pernas Fernández.
A dotación leal á República sofre as seguintes represalias dos franquistas:
Condenaron á pena de morte a: Julio Álvarez Doval, 23 anos, enfermeiro; Manuel Álvarez Porto, 36 anos, fogueiro; Julio Catalá Jaso, 26 anos, 3º maquinista; Enrique Gámez Criado, 30 anos, 2º auxiliar naval; José-Francisco-Nicolás Leira Piñeiro, 23 anos, fogueiro; Nicolás Noche Pérez, 27 anos, maquinista; Juan Pernas Fernández, 35 anos, maquinista; Daniel Sueiras Brage, 25 anos, mariñeiro e José Vázquez Montero, 38 anos, auxiliar naval.
Tamén condenaron á pena de morte, logo conmutada por cadea perpetua, a Antonio Pérez Vidal, 24 anos, fogueiro.
Castigaron a cadea perpetua a: Miguel Fernández Varela, 22 anos, mariñeiro; Luis Gómez Yáñez, 32 anos, mestre de mariñeiría; Manuel Loureiro Rodríguez, 29 anos, cabo de mariñeiría; José Maceiras García, 38 anos, mestre de mariñeiría; Julio Porto Vigo, 29 anos, auxiliar 2º; Antonio Rosas Cano, 25 anos, mariñeiro e Luis Santamaría Gómez, maquinista.
Penas de 20 anos de cadea para: Antonio Amigo Freire, 21 anos, mariñeiro e José-María Rodríguez Pedreira, 27 anos, cabo de mariñeiría.
Sentenzas de 12 anos e un día para: os mariñeiros Miguel Carrero Pereira, 21 anos; Emilio-Cristino Conde Martínez, 22 anos; Isidoro García Pazos, 21 anos; José País Lapido, 21 anos; Joaquín Pérez Grova, 19 anos e Ramón Rodríguez Rodríguez, tamén 19 anos.
Ao mecánico José Mosquera Ogando declarárono fuxido e en rebeldía, igual que a Hipólito Bustamante Leal, cabo electricista.
Absolveron a: o capitán de corveta Manuel-Pastor Fernández Checa, 39 anos, e o tenente de navío José Sáenz de Cenzano Ponce de León, 31 anos; o mariñeiro escribinte Marcelino Flórez López, 24 anos; o mariñeiro tambor Manuel Mora Santiago e os mariñeiros Daniel Campano Ferro, 25 anos; Antonio Cordero Louzán, 27 anos (da dotación do Velasco); José-María Pérez Mayobre, 25 anos e Julio Vázquez González, 19 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.