← Volver atrás

Pinilla Fraga, Andrés

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Madrid
(Madrid)
- 01/01/1884 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Carballo
(A Coruña)
- 29/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político, 52 anos. Casou en setembro de 1907 na Coruña con Honorina Calvete Bermúdez. Veciños da Coruña. No ano 1920 nomeárono capataz de vixilantes na Xunta de Obras do Porto da Coruña. Conserxe e porteiro do Colexio Notarial da Coruña.

Aos seus fillos Andrés Pinilla Calvete e Enrique Pinilla Calvete fusiláronos na Coruña, catro días antes de que a el e ao seu fillo Pedro os pasearan. Ao seu fillo Pedro Pinilla Calvete, paseárono canda el en Carballo, con outras persoas.

En 1928 era vogal da directiva da Sociedade de Seguros Mutuos El Ramo de la Virtud.

Paseado.

Despois do alzamento militar rebelde prendeuno a Garda Civil.

Morte rexistrada en Carballo por fusilamento.

O seu cadáver e o do seu fillo Pedro apareceron no Campo de Morgade, Queo de Arriba, Santa María de Bértoa, Carballo, cos de Juan Boedo Pardo e Francisco-Miguel.

Ese día pasearon en Queo os veciños da Coruña: Juan Boedo Pardo, empregado; Francisco-Miguel Fernández Díaz, pintor e libreiro; Pedro Pinilla Calvete, mecánico, e Andrés Pinilla Fraga, conserxe.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Santa María de Bértoa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha