← Volver atrás

Fernández Díaz, Francisco-Miguel

Alcume: Francisco Miguel, Moratinos, o Mexicano
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

A Coruña
- 29/09/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Campo de Morgade, Queo de Arriba, Santa María de Bértoa, Carballo
(A Coruña)
- 29/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Artista, pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro, 39 anos. Casado o día 19/11/1920 con Syra-María Alonso Brufau; tiveron tres fillos: Alberto, Juan-Ramón e Sandro. Veciños do Porto de Santa Cruz, Oleiros (A Coruña). Tivo a Librería de Arte na rúa Real, na Coruña. Entre 1926 e 1933 viviron en Francia, Cuba e México. En novembro de 1933 volven de México para Galicia, no Cristóbal Colón e instálanse en Santa Cruz de Liáns, Oleiros (A Coruña). Reputado pintor vangardista.

Comprometido coa esquerda intelectual coruñesa.

Colaborou coa revista Alfar, da que foi director artístico.

Paseado.

Na casa do pintor Francisco-Miguel Fernández Díaz, en Santa Cruz de Liáns, estiveron acubilladas varias persoas que loitaran nas barricadas coruñesas contra os militares sublevados, entre outras: Cesáreo Méndez Vázquez, Manuel García, Bartolo Díaz, Luis Rodríguez, Antonio Gómez, Julio Pita, Manuel Hernández, Horacio e Carlos-Miguel. Tamén estiveron acubillados os coñecidos como os malagueños: Francisco Romero Márquez, Francisco Gómez Casares e Adolfo Rueda Jiménez.

Arrestouno a Garda Civil o día 03/08/1936 e deixárono en liberdade.

Detivérono de novo o día 19/09/1936 nunha pensión na rúa Teresa Herrera, da Coruña, e trasladárono ao cuartel da Benemérita; torturárono e fusilárono.

Morte rexistrada en Carballo.

O seu cadáver apareceu no Campo de Morgade, despois de que o sacaran do Cuartel da Garda Civil na rúa Médico Rodríguez, esquina rúa Juan Flórez, na Coruña, onde o tiñan retido.

Ese día pasearon en Queo os veciños da Coruña: Juan Boedo Pardo, empregado; Francisco-Miguel Fernández Díaz, pintor e libreiro; Pedro Pinilla Calvete, mecánico, e Andrés Pinilla Fraga, conserxe.

Soterráronos aos catro nunha fosa común no cemiterio de Bértoa.

O seu cadáver apareceu coa cara fendida e as mans amputadas.

A súa dona e os seus tres fillos exiliáronse en México no ano 1942.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.