← Volver atrás

Alonso Brufau, Syra-María

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ciudad de México
(México)
- 15/11/1970 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Escritora, 37 anos. Casou o día 19/11/1920 con Francisco-Miguel Fernández Díaz, Francisco Miguel, artista, pintor e crítico literario; tiveron tres fillos: Alberto, Juan-Ramón e Sandro. Entre 1926 e 1933 estiveron en Francia, Cuba e México. En novembro de 1933 regresaron de México no Cristóbal Colón e establecéronse en Santa Cruz de Liáns, Oleiros (A Coruña).

Exiliada.

Ao comezar a sublevación militar ao seu home arrestouno a Garda Civil o día 03/08/1936 acusado de actuar contra o Réxime; liberado e volto a deter o día 19/09/1936. A Francisco-Miguel paseárono o día 28/09/1936 no Campo de Morgade, Carballo (A Coruña). Amputáronlle as mans.

Poucos anos despois, no ano 1942, Syra marchou cos seus tres fillos para México, vía Lisboa (Portugal), no barco Serpa Pinto.

Residiu en Cuernavaca (Morelos, México) ata que un cancro de osos rematou coa súa vida.

Foi unha das máis extraordinarias cronistas da represión franquista.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha