← Volver atrás

Pol Sánchez, Eugenia

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co médico e político Vicente Varela Radío. Veciños de Santiago de Compostela. O seu home foi director do Hospital Clínico de Santiago de Compostela no ano 1932.

Varela Radío presidiu o Centro Republicano de Santiago de Compostela antes da proclamación da II República, militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e amigo de Santiago Casares Quiroga; nomeárono gobernador civil de Pontevedra o día 17/04/1931 e, logo, de Ourense do 05/08/1931 ata o 21/07/1932. Deixou a política ata que ingresou en Esquerda Republicana (ER).

Vicente pertencía á loxa Libredón nº 6 da capital compostelá.

Vítima colateral.

Despois do alzamento os franquistas cesaron ao seu home no seu posto de traballo e castigárono coa incautación de bens, xulgárono e condenárono á cadea; cumpriu a pena no penal de Santa María (Cádiz) de xaneiro a decembro de 1943 e ao saír confinárono en Pontevedra ata 1947.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha