← Volver atrás

Prieto Balsa, Agustín

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

Mugardos
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 29/01/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 27 anos. Casou en Mugardos no ano 1933 con Carmen Rodríguez Plana; tiveron un fillo. Emigrado en Cuba entre 1921 e 1930, ano no que o deportaron polas súas actividades comunistas co seu irmán Juan. Irmán de Juan Prieto Balsa, fusilado. No ano 1935 trasladouse ao Barrio de Bouzas, en Vigo, para traballar como mariñeiro no Hércules.

Delegado da CNT na frota pesqueira de Vigo.

Encarcerado. Paseado.

Cando se produce a sublevación agochouse en Vigo, prendérono e ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra). Denunciouno o armador e garda cívico Víctor Montenegro Feijoo.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra co resultado de sentenza á pena de morte.

Morte rexistrada en Vigo.

Xulgado no ano 1941 polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultado.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha