Nacemento:
Morte:
Fontaneiro, sindicalista e político, 25 anos. Veciño de Teis. En maio de 1928 entrou como empregado na Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos (CAMPSA). Irmán de Manuel-Enrique Quintas Figueroa, executado.
Militante da CNT e do Sindicato de Petróleos desde 1929. Durante a II República mantívose moi activo dentro da CNT. Un dos fundadores e secretario das Xuventudes Libertarias (XXLL) de Vigo. Tamén estivo nun grupo anarquista.
Detido na folga xeral de 1933, pasou mes e medio no cárcere; volvérono prender na folga revolucionaria de 1934 e despedírono da CAMPSA, onde o readmitiron en xuño de 1936.
Organizador do asalto ao local de Falanxe en Vigo, do día 17/02/1936, onde morreu o falanxista Luis Collazo Campos e un compañeiro de Quintas, Robustiano Figueira Villa. Quintas rematou ferido, detido e ingresado no Hospital Municipal.
Fuxido. Encarcerado.
Co golpe de Estado saíu do hospital e participou na resistencia armada no barrio do Calvario. Agochouse no monte e formou un dos primeiros grupos guerrilleiros antifranquistas. O día 05/04/1937 ao seu irmán Manuel-Enrique Quintas Figueroa asasinárono os falanxistas en Santa Mariña de Xinzo, Ponteareas (Pontevedra).
Viviu agochado na casa de Virginia González Pastoriza, en Teis, de agosto de 1936 ata 1946.
En 1939 integrouse no grupo dos irmáns Rogelio García Molares, o Maletas, e José García Molares, que agrupaban a anarquistas e comunistas. A José García Molares, acusárono da morte do garda xurado, Manuel Pereiro Bernárdez, con Julio Guillén Biel, o Biel; Ramón Pereira Antelo e José-Luis Quintas Figueroa.
Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de rebelión, na causa 81/39, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Contrario ao control da guerrilla polo PCE, no ano 1943 abandonou a guerrilla e pasou varios anos agochado en Toural. En 1946 a organización clandestina da CNT trasladouno ás Minas de San Fins, Santa Eulalia de Vilacova, Lousame (A Coruña) e logo a Santiago de Compostela (A Coruña), onde traballou nun establecemento de reparación de máquinas de escribir propiedade de Manuel Cervelo Ares, co nome falso de Clemente Cabaleiro.
No ano 1947 arrestaron e encarceraron a Manuel Cervelo. Quintas agochouse en Ribadavia e O Carballiño, na provincia de Ourense, onde traballou como axudante dun cura e como viaxante duns almacéns de víveres.
Por mor dunha delación arrestárono no Carballiño o día 16/02/1950.
Xulgado en Vigo en consello de guerra o día 28/10/1950 polo homicidio do falanxista Luis Collazo Campos, por lesións, tenencia de armas e rebelión armada co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua.
Internárono 23 anos en El Dueso, Santoña (Cantabria).
Saíu en liberdade no ano 1973 e marchou a Toulouse, Occitania (Francia).
Volveu pouco despois a Vigo, onde traballou de representante de libros.
Finou en Teis por mor dunha afección cardíaca.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.