← Volver atrás

Quintillán Cardesín, Dionisio

Alcume: Dionisio dos Cereiros
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Barrio de Sorribas, Forcarei
(Pontevedra)

Morte:

Poio
(Pontevedra)
- 20/12/1960 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político. Casado; tiveron polo menos dous fillos: Dionisio e José. Veciños de Poio desde comezos dos anos vinte. Irmán de Francisco Quintillán Cardesín, encarcerado. Funcionario municipal do Concello de Poio, onde traballou de recadador de arbitrios e foi depositario no ano 1929.

Percorreu Galicia para concienciar as labregos fronte aos foros.

Dirixiu o xornal O Castrove e colaborou con Nueva Aurora e outros xornais galegos e españois.

Líder agrarista, no ano 1921 era deputado provincial. Presidente da sociedade La Redención, de Poio. Secretario da Sociedade de Obreiros e Labregos de Poio en 1921. Deputado provincial en 1921. Alcalde de Poio en xullo de 1924, durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.

Participou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) de 1936.

Depurado. Encarcerado. Sancionado.

Despois do alzamento rebelde suspendérono no seu posto de traballo o día 07/08/1936.

Detivérono no mes de setembro seguinte e salvou a vida grazas á intervención dos mercedarios do Convento de San Xosé de Poio.

Pasou pola cadea de Pontevedra e deportárono a Ribadavia (Ourense) ata o ano 1941.

Ábreselle un expediente de responsabilidades políticas, a comezos dos anos corenta, e tivo que enfrontarse aos franquistas que tiñan a porfía de embargarlle os seus bens.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha