Nacemento:
Morte:
Casada co contratista de obras e político Martín Ferreiro Álvarez; tiveron dous fillos e tres fillas: José, Eva, Martín, Blanca e Olga. Veciños da rúa Avenida de Tánxer, 6-1º, na Coruña.
Durante a II República o seu home foi dirixente do Partido Republicana Radical Socialista (PRRS) e despois afiliouse a Esquerda Republicana (ER); concelleiro de Obras Públicas e 6º tenente de alcalde da Coruña na última corporación republicana. Militante da CNT. Socio do Casino Republicano da Coruña e do Centro de Estudos Sociais Germinal. Contador da Liga Española para la Defensa de los Derechos del Hombre y del Ciudadano.
Vítima colateral.
Despois do golpe de Estado de 1936 Martín procurou agocho en Quireza, logo en Portugal e en Francia. Combateu na guerra civil contra o exército franquista nas frontes do Levante e de Cataluña. Pasou a Francia e integrouse a finais de 1939 nunha das compañías de traballadores estranxeiros e traballou na Liña Maginot. Consumada a invasión alemá sumouse ao exército francés para seguir combatendo o fascismo.
A Martín Ferreiro capturárono o día 21/06/1940 e o día 23/11/1936 morreu no sub-campo de Gusen (Austria).
No ano 1942 o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas na Coruña condenouno a desterro, inhabilitación e multa de 25.000 pesetas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.