← Volver atrás

Ramos Méndez, Ernesto

Alcume: Caravel
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Verín
(Ourense)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 17/06/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 38 anos. Veciño de Verín. Traballou durante 20 anos en Bilbao (Biscaia).

Membro da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Verín. Concelleiro da súa localidade en 1936.

Executado.

Despois do alzamento militar prendérono os franquistas e ingresárono na Prisión Provincial de Ourense.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 21/05/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1021/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense, con outras catro persoas.

Os asasinados nese día e lugar foron: Juan-Antonio Álvarez Diéguez, empregado e tenente de alcalde de Verín; Lino García Vázquez, comerciante e xornalista; Ernesto Ramos Méndez, carpinteiro e concelleiro de Verín; Carlos Reino Caamaño, médico e alcalde de Verín, e Sixto Salgado Fariñas, carpinteiro. A todos eles condenáronos á pena de morte no mesmo consello de guerra, acusados de ordenar a requisa de armas e a detención de persoas significativas das dereitas de Verín ao inicio do golpe militar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha