← Volver atrás

Reino Caamaño, Carlos

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Sancionado

Nacemento:

Negreira
(A Coruña)
- 01/01/1890 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
(Ourense)
- 17/06/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 46 anos. Casado; tiñan cinco fillos. Veciños de Verín (Ourense). Irmán pequeno do deputado nacional José-Bernardo Reino Caamaño, sancionado. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1923. Médico titular e inspector municipal de Sanidade en Cartelle, Celanova, Poio, Oímbra e, desde 1934, en Verín, onde tamén foi médico da Beneficencia municipal.

Alcalde de Verín desde marzo ata xullo de 1936 por Esquerda Republicana (ER), dentro da coalición electoral da Fronte Popular (FP).

Executado. Sancionado.

Prendérono os fascistas despois do alzamento sedicioso.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 22/05/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1021/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

O tribunal deste procedemento condenou á pena de morte a: Juan-Antonio Álvarez Diéguez, Lino García Vázquez e Carlos Reino Caamaño; penas de cadea perpetua para: Celso Blanco Castro, Manuel Cabido Rodríguez, Manuel Cadavid García, Enrique-José Cardoso Gandosa, Constantino Gago Gago, Ricardo González González, Adolfo Iglesias Rodríguez, Manuel Iglesias Rodríguez, Ramón Quintas González, Gerardo Rodríguez Barja, Manuel Sola Pareja e Francisco Vaz Álvarez; pena de 20 anos de cadea para Pedro-José Justo Castro; castigos de 15 anos de prisión para: Gregorio Barreira Martínez, José Pérez Delgado e José Sola Pareja; ditaron autos de sobresemento para: Vicente Astorga Raya, Antonio Hervella Prieto, Manuel López García, Luis Parada Fernández, Juan Rodríguez Rodríguez, Ramón Romero Gago, Emilio Seoane Cadavid e Manuel Seoane Cadavid; asinaron a absolución para: Eduardo Gago Fernández e Sergio Pérez Díaz; declararon fuxidos a: José Álvarez, Manuel Álvarez Losada, Francisco Castro Puente, Aurelio García, José García, Manuel Justo, Máximo López García, José Perdiz Varela, Manuel Prieto Lorenzo, Manuel Rivero, Juan-Antonio Rodríguez, Álvaro Rodríguez Feijoo, Antonio Rodríguez García, Sergio Romero Álvarez e Carlos Silva. Tamén enxuizaron neste procedemento a: Julio Cao Cao, José Dobarrio Lorenzo e Avelino Sola Castro.

Fusilado no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense, con outras catro persoas.

Os executados nese día e lugar foron: Juan-Antonio Álvarez Diéguez, empregado e tenente de alcalde de Verín; Lino García Vázquez, comerciante e xornalista; Ernesto Ramos Méndez, carpinteiro e concelleiro de Verín; Carlos Reino Caamaño, médico e alcalde de Verín, e Sixto Salgado Fariñas, carpinteiro. Condenáronos a todos á pena de morte no mesmo consello de guerra, acusados de ordenar a requisa de armas e a detención de persoas significativas das dereitas de Verín ao inicio do golpe militar.

Todos os seus bens requisáronllos en xaneiro de 1937 por orde do Xulgado Militar de Ourense. A familia quedou na ruína económica; reclamaron os bens e devolvéronlles parte no ano 1944.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1945.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.