Nacemento:
Morte:
Comerciante e político. Veciño de Verín. A súa familia rexentaba o Hotel Aurora en Verín.
Secretario da Agrupación Socialista (AS) de Verín. Concelleiro pola coalición da Fronte Popular (FP) da xestora de Verín, que se constituíra en marzo de 1936 e que presidía Carlos Reino Caamaño.
Exiliado.
Un dos membros da corporación que se dirixiu ao alcalde para que asinase unha autorización para incautar armas e municións, repartilas entre os afiliados das organizacións das esquerdas e facer fronte aos golpistas.
Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 22/05/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 1021/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
O tribunal deste procedemento condenou á pena de morte a: Juan-Antonio Álvarez Diéguez, Lino García Vázquez e Carlos Reino Caamaño; penas de cadea perpetua para: Celso Blanco Castro, Manuel Cabido Rodríguez, Manuel Cadavid García, Enrique-José Cardoso Gandosa, Constantino Gago Gago, Ricardo González González, Adolfo Iglesias Rodríguez, Manuel Iglesias Rodríguez, Ramón Quintas González, Gerardo Rodríguez Barja, Manuel Sola Pareja e Francisco Vaz Álvarez; pena de 20 anos de cadea para Pedro-José Justo Castro; castigos de 15 anos de prisión para: Gregorio Barreira Martínez, José Pérez Delgado e José Sola Pareja; ditaron autos de sobresemento para: Vicente Astorga Raya, Antonio Hervella Prieto, Manuel López García, Luis Parada Fernández, Juan Rodríguez Rodríguez, Ramón Romero Gago, Emilio Seoane Cadavid e Manuel Seoane Cadavid; asinaron a absolución para: Eduardo Gago Fernández e Sergio Pérez Díaz; declararon fuxidos a: José Álvarez, Manuel Álvarez Losada, Francisco Castro Puente, Aurelio García, José García, Manuel Justo, Máximo López García, José Perdiz Varela, Manuel Prieto Lorenzo, Manuel Rivero, Juan-Antonio Rodríguez, Álvaro Rodríguez Feijoo, Antonio Rodríguez García, Sergio Romero Álvarez e Carlos Silva. Tamén enxuizaron neste procedemento a: Julio Cao Cao, José Dobarrio Lorenzo e Avelino Sola Castro.
Foxe a Portugal e establécese en Chaves, onde casou e montou varios negocios de hostalería.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.