← Volver atrás

Reino Caamaño, José-Bernardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado

Nacemento:

Insua, San Xoán de Mazaricos, Mazaricos
(A Coruña)
- 21/04/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cores, San Xoán de Barcala, A Baña
(A Coruña)
- 02/01/1964 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 54 anos. Veciño da rúa do Villar, 15, en Santiago de Compostela (A Coruña). Licenciado en Dereito en xuño de 1902 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Irmán de Carlos Reino Caamaño, executado no ano 1937. Xuíz de primeira instancia en Vilalba (Lugo) no ano 1908, en Lalín (Pontevedra) no ano 1911 e en Betanzos (A Coruña) no ano 1915. Maxistrada da Audiencia desde 1933.

Deputado provincial da Coruña en 1916 e 1917 polo distrito de Negreira/Corcubión. No ano 1923 era deputado nas Cortes polo Partido Liberal (PL). Na II República foi unha das figuras da Dereita Liberal Republicana en Galicia. Deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 pola Federación Republicana Galega (FRG) e no ano 1933 pola Partido Republicano Conservador (PRC).

Sancionado.

Despois do golpe rebelde defendeu en xuízo a varios acusados polo franquismo, chegando a dicir que os únicos rebeldes eran os que os xulgaban. Estas manifestacións tiveron como consecuencia que o sancionaran e tivo que estar agochado un tempo.

No ano 1940 era profesor na USC e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha