← Volver atrás

Rey Sánchez, Marina

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurada. Encarcerada

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 26 anos. Veciña da Coruña.

Pertencía á Federación Anarquista Ibérica (FAI). Enlace da FAI na Coruña.

Depurada. Encarcerada.

Marina era cuñada de Alicia Dorado Viso, quen casara co seu irmán e a quen pasearan os golpistas.

Depuráronas ás dúas despois do golpe de Estado da fábrica de tecidos La Primera Coruñesa, polas súas actividades revolucionarias e por seren enlaces da FAI.

Compañeira do anarquista Julio Lores Taboada, fuxido desde os primeiros días do levantamento militar.

Detida en xullo de 1937 a raíz dos sucesos que seguiron á coñecida como “Caída das Atochas”, operación da policía represora do día 10/07/1937 contra a FAI coruñesa.

Xulgada en consello de guerra na Coruña, en decembro de 1937, polo delito de rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Interna na Prisión Provincial de Santander (Cantabria), publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 161 do día 10/06/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha