Nacemento:
Morte:
Casou co industrial e político Casto Caamaño García. Veciños de Cee. O seu home traballaba na Fábrica de Carburos Metálicos de Brens, Cee, rexentaban unha taberna no número 23 da praza da Constitución (antes praza principal) en Cee e nesta taberna tamén se situaba o Salón Paris de cinema que funcionaba desde 1928.
Casto Caamaño foi dirixente da Alianza Republicana (AR) de Cee, afiliouse ao PSOE na II República e elixírono concelleiro nas eleccións de maio de 1931; nomeárono alcalde da localidade en xuño de 1932, permanecendo no cargo ata que renunciou o 16/09/1933 e en xullo de 1936 era 2º tenente de alcalde polo PSOE.
Vítima colateral.
Cando se produce o golpe militar, os folguistas de Cee, que defendían á República, propuxérono como alcalde e apresárono os franquistas despois do golpe de Estado; sancionárono con multas de 1000 pesetas e de 10.000 pesetas. Para facer fronte a estas sancións venderon a casa onde tiñan a taberna e o cine por 19.000 pesetas a cobrar nun prazo de cinco anos.
Perseguido, depurado do seu posto de traballo na fábrica de Brens e arruinado polo espolio dos franquistas, Casto trasladouse á Coruña onde traballou repartindo carbón e onde morreu.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.