Nacemento:
Morte:
Militar e político, 49 anos. Solteiro. Mariño da Armada, almirante da Mariña de Guerra. Procedía da Mariña Mercante e a primeiros dos anos vinte pasouse a Armada como capitán de corveta, adscrito á Comandancia de Cartagena (Murcia). A finais da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja pasou á Comandancia de Ferrol (A Coruña).
Nos meses anteriores á proclamación da II República desterrárono ás Illas Canarias.
Pertencía á masonería, gran mestre do Gran Oriente Español entre 1935 e 1938.
Coa República regresou a Cartagena, onde o elixiron presidente do Comité Local do Partido Radical (PR). Deputado por Cartagena (Murcia) para as Cortes Constituíntes de 1931. No ano 1933 non obtivo acta de deputado.
Despois do triunfo da Fronte Popular (FP) nomeárono director xeral da Mariña Mercante e despois foi almirante da Mariña de Guerra.
Fuxido. Exiliado.
Xulgado en Ferrol polo delito de sedición (causa contra os redactores do semanario Renovación) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Exiliouse en México, país ao que chegou en maio de 1942; alí finou en 1959.
Procesárono en Madrid por responsabilidades políticas e, tamén, no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.