← Volver atrás

Rodríguez Salgado, Elvira

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou co avogado, profesor mercantil, funcionario municipal, xornalista e político Joaquín Martín Martínez; tiñan cinco fillos: Amelia, Titos, José-María, Elvira e Joaquín. Veciños da Praza de María Pita, 24-2º, na Coruña. O seu fillo José-María Martín Rodríguez, Cheché, xogaría no Deportivo e no Barcelona, tamén na selección española.

Exiliada.

O seu home militou en Unión Republicana (UR), foi concelleiro da Coruña, secretario do concello, profesor da Escola de Comercio e amigo persoal de Santiago Casares Quiroga.

Despois do golpe dos rebeldes militares a Joaquín detivérono o día 22/07/193, xulgárono polo delito de rebelión militar, condenárono á pena de morte e executárono, con outros importantes líderes políticos coruñeses, no Campo da Rata, Punta Herminia, na Coruña, o día 31/08/1936.

Despois destes feitos Elvira exiliouse cos seus fillos en Bos Aires (República Arxentina), agás Joaquín a quen, ao estar en idade militar, mobilizárono os que foran os asasinos do seu pai.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha