← Volver atrás

Rodríguez Campelo, Fernando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 29/06/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 16/12/1977 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Oficinista, 35 anos. Casado con Marina Rodríguez Caamaño; tiveron oito fillos. Veciños da Coruña. O seu pai, natural de Sobrado dos Monxes (A Coruña), era o propietario do Hotel Palas. Aos 18 anos comezou a traballar na Fábrica do Gas na rúa do Socorro, na Coruña.

Secretario e, co tempo, presidente do sindicato Unión de Obreros y Empleados del Gas, da UXT. Ingresou no PSOE en 1934 e foi dirixente socialista na cidade herculina. Delegado no pleno extraordinario da Federación Local Obreira (FLO) en representación do seu sindicato.

Encarcerado.

Fernando figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía, con outros, “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”. Noutro informe policial aparece como unha persoa encarcerada e posta en liberdade en decembro de 1936. Volveron prendelo en outubro de 1937 e liberárono o 19/11/1937.

Mantivo relacións na clandestinidade cos seus compañeiros socialistas.

O día 10/05/1946 prendérono e internárono na Prisión Provincial da Coruña. Acusárono de pertencer a Alianza Nacional de Forzas Democráticas (ANFD), afiliación á UXT, distribución de propaganda...

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar con outras 23 persoas, na causa 240/46, co resultado de sentenza a un ano de cadea segundo resolución do día 24/10/1946.

No ano 1946 achábase interno na Prisión Provincial da Coruña, onde escribiu Testemuños dende o cárcere provincial da Coruña. Na cadea coincidiu, entre outros, con Manuel-Luis Bello Parga, Manolito Bello.

Deixárono en liberdade o día 10/05/1947.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha